PROXECTAR, Conversas sobre Deseño
PROXECTAR, Conversas sobre Deseño
Share this event
Proxectar é un espazo de conversa onde deseñadoras e deseñadores presentan as súas carreiras e as súas metodoloxías de traballo. Un espazo para mostrar o ‘pico e pala’ detrás dun produto final.
Dous días nos que escoitar e conversar en primeira persoa con referentes galegos e internacionais do deseño. Jon Marshal, Paula Ojea, Tomás Alonso e Estar cóntannos de primeira man o seu proceso de deseño, con exemplos claros e detallados. Unha oportunidade de poder discutir e aprender sobre a profesión de proxectar.

Location
Colexio Público Huberto Juanes, 36340