Skip to main content
  • Proxectar, conversas sobre deseño
1 of 3

PROXECTAR 26, Conversas sobre Deseño

Fri 5 Jun 2026 18:00 - Sat 6 Jun 2026 Cervezas Banda, 36350

PROXECTAR 26, Conversas sobre Deseño

Fri 5 Jun 2026 18:00 - Sat 6 Jun 2026 Cervezas Banda, 36350

Proxectar é un espazo de conversa onde deseñadoras e deseñadores presentan as súas carreiras e as súas metodoloxías de traballo. Un espazo para mostrar o traballo detrás dun produto final.

Dous días nos que escoitar e conversar en primeira persoa con referentes galegos e internacionais do deseño. David Chipperfield, Sara Regal, Isabella Trani e Isaac Piñeiro cóntannos de primeira man o seu proceso de deseño, con exemplos claros e detallados. Unha oportunidade de poder discutir e aprender sobre a profesión de proxectar.

Abrimos as portas as 6:00 da tarde, media hora antes do comezo do evento, para poder tomar unha cervexa artesana antes mentres vai chegando a xente e saudámos os coñecidos. De 6:30 a 8:30 escoitamos os deseñadores (dous cada día) e logo deixamos tempo para conversar e preguntarlle os invitados as dúbidas que teñamos. Unha vez que rematemos, sacaremos algo de picar e podemos probar algunha das cervezas artesanais de Banda.

Venres 5: Isaac Piñeiro e Isabella Trani.

Sábado 6: Sara Regal e David Chipperfield

Location

Cervezas Banda, 36350